Thursday 25 de April de 2024

Unha empresa de inserción de Cáritas Diocesana instalará contenedores de recollida de roupa no municipio


Concello de Riveira e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela acaban de asinar no día de hoxe un convenio de colaboración en virtude do cal unha empresa de inserción dependente desta organización benéfica instalará contedores en distintos puntos do municipio coa finalidade de recollida e tratamento de roupa e outros residuos téxtiles.

O alcalde Manuel Ruiz e o director diocesano José Anuncio Mouriño foron os encargados de rubricar un acordo no que tamén estiveron presentes o párroco de Santa Uxía Cesáreo Canabal, a presidenta de Cáritas Riveira, Teresa Pérez, e a xerente da citada empresa de Inserción, de nome Arroupa, Isabel Fraga.

En principio serán seis os colectores que se instalen pudendo aumentarse se fose necesario polo volume da recollida e sempre mediando autorización municipal.

Cáritas Diocesana (ben por si mesma ou a través da citada empresa de inserción, de nome Arroupa) será quen asuma o mantemento dos contedores e da recollida do material téxtil.

A sinatura deste acordo persegue tanto finalidades sociais (forman parte da empresa de inserción persoas con risco ou situación de exclusión) como medioambientais (aproveitando os recursos a través do tratamento das prendas que se poida reciclar). Non supón ningún custo para as arcas do Concello.